3 junio, 2010

Directores de seguridade de entidades culturais únense en Protecturi

Presídea Andrés Matín Ludeña, director de seguridade de Caixa Galicia.

Os responsábeis de seguridade dos principais museos e centros culturais de España veñen de poñer en marcha a Asociación para a Seguridade do Patrimonio Histórico, Protecturi, unha iniciativa que pon en común os esforzos dos profesionais da seguridade vencellada á cultura, a arte e o patrimonio, tanto en entidades públicas como privadas.

Esta nova entidade -presentada onte en Madrid polo seu presidente, o director de Seguridade de Caixa Galicia, Andrés Martín Ludeña, e os seus vicepresidentes, os seus homólogos no Museo Thyssen Bornemisza e no departamento de Patrimonio Nacional- será o “interlocutor que represente o sector”, sinalou Martín Ludeña, “que actúa como figura xurídica encargada de promover unha conciencia de seguridade arredor do patrimonio artístico e cultural e, mediante a investigación, denuncia e divulgación da orixe dos riscos, concienciar a sociedade sobre a importancia de conservar o patrimonio histórico artístico”.

Segundo a información ofrecida polos responsábeis da asociación, a primeira das actividades celebrarase a semana vindeira na Coruña coa I Xornada Profesional Protecturi Retos e ameazas na seguridade do patrimonio histórico, que converterá a cidade galega na capital mundial da protección do patrimonio cultural e artístico.

Logo_Xornal_de_Galicia